Foto anónima que aparece en "Ribadeo na
Memoria"
Se ben quen escribe non ten intención algunha de que as
publicacións sigan unha estricta orde cronolóxica, si parece lóxico que á hora
de botar a andar o fagamos dende a orixe do tema, máis que nada para poder ter
a perspectiva exacta de onde vimos. De tal xeito que considero apropiado que
esta primeira entrada xa metidos en fariña ,máis alá de presentacións, trate
sobre as primeiras referencias que atopamos na nosa comarca do que hoxe
entendemos por música tradicional, e máis nomeadamente sobre a gaita e os
gaiteiros.
Mais antes de nada, cómpre contextualizar a figura do
gaiteiro, pois só deste xeito poderemos entender realmente a importancia que
este tivo na sociedade galega durante séculos.
Porque o gaiteiro popular foi unha figura indispensable en todas
as reunións festivas fosen do tipo que fosen : Festas Patronais, romarías,
celebracións... Mesmo nos séculos XVI e
XVII o gaiteiro é unha figura normalmente institucionalizada sendo contratado,
case sempre de forma anual, por concellos , gremios ou confrarías, que
dispoñían deste xeito dun gaiteiro oficial durante ese período de tempo. Así
por exemplo, polas actas municipais, hoxe podemos saber que en Ribadeo, xa polo
ano 1536 o gaiteiro era escollido nun
"pleno" municipal, preferentemente o primeiro que se celebrase no
ano. O cargo mesmo se podía herdar pasando de pais a fillos, o que dá boa
mostra da súa importancia social e do grado de institucionalización que acadou.
Do primeiro gaiteiro galego do que temos referencia é Johan
Gonçalves. A referencia curiosamente non veu dada pola súa función musical,
senón que aparece como testemuña dunha venta no ano 1374 citando esa como a sua
actividade.
" testemoyas Fernán Xordo morador en Vilar Jeestoso, Johan Gonçalvez gayteyro, Affonso Pérez Alvello, Affonso Pérez ferreyro moradores de dito moesteyro et outros."
Parece ser que era de terras de Monfero, se ben tamén hai quen afirma que era da parroquia de Sta María de Labrada, limítrofe con ese concello coruñés, mais xa en terras do concello lugués de Guitiriz.

Se falamos da Mariña, a primeira referencia da que eu puiden
ter coñecimento atópase en Ribadeo no
ano 1570. Ese ano, coma sempre no primeiro pleno do ano escolleuse o gaiteiro,
que tería que poñer son aos desfiles das confrarías, aos bailes dos gremios, ás
celebracións do pobo en xeral. Asimesmo
faise constar que o tamborileiro se contrataría por funcións, é decir,
contrataríase a maiores para acompañar ao gaiteiro pero só cando esas
celebracións fosen de grande importancia.
Pois con data 20 de outubro hai unha acta dun onde se reflexa o acordo
para a contratación do tamborileiro BARTOLO
DAS ACEAS para celebrar a chegada da cuarta esposa de Felipe II. Concretamente
a acta dí así:
"Por cuanto es cierto que S.M.la Reina Ana de Austria,
4ª esposa de Felipe II, ha sido desembarcada en España y conviene que por la
buena venida de S.M. haga en el pueblo sentimientos de contento con procesiones y alegrías: por
ende todos los vecinos de la villa y arrabales tengan en sus ventanas candelas
encendidas la noche del sábado que viene y hagan fuegos en las calles
principales, con que no resulte daño, y el domingo vayan antes de la misa a la
procesión, desde la Iglesia de Nuestra Señora, hasta la de la Trinidad de la Atalaya:
que se hagan disparos de artillería: que los obligados de las carnicerías
traigan dos toros a costa de la villa para ser corridos, y que venga Bartolo
das Aceas a tañer el tamboril."
Converteuse así Bartolo das Aceas na primeira refrencia
explícita que eu puiden atopar, o que xunto á propia sonoridade do nome, e a que moi posiblemente se refire a un topónimo
mariñán (As Aceas está a un par de km de Ribadeo na estrada que vai pegada ao Eo
dirección A Veiga) me fixo bautizar o blog co seu nome.
É evidente que ser a
primeira referencia atopada non quere decir ser o primeiro da comarca, nin
tamborileiro nin gaiteiro, só o primeiro que eu puiden ter atopado, do que
puiden atopar constancia. Pero é
imposible que, seguro que vos tamén xa botastes as contas, se douscentos anos
antes xa había gaiteiros non os houbera tamén polos nosos lares. Nese senso sería preciso sumerxirse horas e
horas nos arquivos e seguro que poderían aparecer máis informacións. Se algún
día dispoño de máis tempo prometo facer ese traballo e tratar de botar luz a
todos os datos que poida, e facer novas entradas que completen esta, aínda a
sabendas que seguramente nos arquivos nos vaiamos atopar a mesma e constante problemática
que para estudar os datos de moitos anos despois a través de referencias de
prensa: sempre vai ser máis probable atopar referencias de gaiteiros/grupos
urbanos que dos rurais.
En todo caso coido que o que puiden ir recopilando xa cando
menos serve para facer unha composición de lugar do tema a tratar.
Ben, feito este pequeno inciso, e retomando ese 1570 como
punto de partida, non volvo atopar referencias ata o ano 1608. Nese ano
celebráronse, tamén en Ribadeo, corridas de touros polo S.Xoán, para o que
habilitaban unha praza pechando bocarrúas. Pois ben estas corridas foron
amenizadas por un tal Juan Freire á gaita e seu irmán ao tambor, cobrando por
tal labor a cantidade de 24 reais.
En Mondoñedo, nas festas que se celebran o 24 de Outubro do ano 1.611 na honra de San Rosendo contrátanse cinco gaiteiros pola cantidade de 8 reais cada un.
No 1613 e tamén en Ribadeo atopamos a contratación do gaiteiro para ese ano recaendo tal sorte na figura de Alonso Fernández por un total de 6 ducados.
No 1618, volvemos atopar unha festa taurina, neste caso en Mondoñedo, e pola cal as autoridades acordan chamar un tamborileiro e dous gaiteiros para que asistan á mesma dándolles a cada un a cantidade de 16 reais.

No ano 1625 o
gaiteiro que tocaba o día da festa de Santiago, en Foz, cobraba 3 reais
(Arquivo Diocesano de Mondoñedo. Foz, Libro de Fábrica nº1 fol 7). Se alguén repara na presunta diferencia cos
honorarios dos irmáns Freire en Ribadeo 17 anos antes hai que aclarar que estes
aparte de que eran dous, tocaban varios días porque esas corridas de touros
perfectamente podían celebrarse durante toda a semana e no caso da Festa de Foz
xa explicita que se trataba dun só día.
Voltamos a Ribadeo no 1681 onde voltamos a atopar unha acta
que, se ben obvia o nome concreto do gaiteiro e do resto de contratacións, exemplifica o que comentabamos antes desa contratación
no primeiro pleno do ano e tamén do status social deste (se comparamos co resto de funcións
escollidas) pois esta dí así:
"El 1º de año, como todos los
demás años, se hace nombramiento de escribano-secretario, tres regidores,
procurador general, fabricario de Sta María del Campo, mayordomo de los Hospitales
de San Sebastián y S.Lázaro, y de las Cofradías de Ánimas, Santísimo y del Rosario,
de la ermita de Nuestra Señora del Camino y Santiago de Vigo, sacristán, dos
relojeros, riero, Regidor da la Villa, campanillero, alcalde de la Hermandad, Gaitero
y Maestro de niños, eligiendo procurados las rilleras de arriba y abajo"
O 28 de Maio de 1.664, en Mondoñedo, contrátase a tres gaiteiros para o tradicional baile das tres danzas que se celebra co gallo da subida da Virxe dos Remedios desde a Catedral ata o seu Santuario.
O 28 de Maio de 1.664, en Mondoñedo, contrátase a tres gaiteiros para o tradicional baile das tres danzas que se celebra co gallo da subida da Virxe dos Remedios desde a Catedral ata o seu Santuario.
Voltando a Ribadeo, na acta do 17 de xullo de 1694
atopamos o seguinte: "Antonio de Torres, arrendatario
de zientos y propios de la villa pagará a Juan Lopez Cabaleyro, gaitero desta
villa, dos ducados de vellon por su salario de medio año".
Xa no 1700 polas festas do Corpus, en Mondoñedo, as imaxes de S. Isisdro e Sta María da Cabeza báixanse en procesión ata a catedral acompañadas de gaita e foguetes.
Nesa mesma festa pero do ano 1703, o gremio dos xastres encárgase de pagar os oito danzadores e máis o gaiteiro que actúan na celebración.

GAITEIROS E IGREXA
Se ata o de agora todas as referencias que atopamos son de
gaiteiros contratados polas arcas municipais, e nalgún caso por gremios, en Mondoñedo polo 1706 atopamos outro exemplo típico de contratación
da época, a das confrarías. Segundo consta
no libro das constitucións da cofradía da Santísima Trinidad, a maior parte dos
seus cofrades pertencían ao gremio dos xastres, que como vimos con anterioridade xa tiña feitas contratacións de gaiteiros e danzadores.
Por medio da publicación Do Obispado, tomo III de D. Eduardo Lence Santar, antiguo cronista de Mondoñedo, temos noticia de varios cofrades que tocaron a gaita na cofradía. O 29 de maio de 1.706 son admitidos Domingo Rego, veciño da Graña de Villarente (Abadín) e a súa dona María López por comprometerse o primeiro a tocar a gaita o resto da súa vida o día da Santísima Trinidad e a véspera por catro reais cada un . Se vos fixades practicamente percibían o mesmo que cen anos antes na festa de Foz ou nas Corridas de Ribadeo. Aquí partimos do compoñente da devoción dos gaiteiros pola confaría pero en todo caso xa queda patente que o da remuneración escasa dos gaiteiros xa ven de lonxe.

Ben, feito este reivindicativo inciso, e seguindo coa mesma
confraría, o 23 de xaneiro de 1.773,
morre o gaiteiro que tiñan nese momento,
Sebastián Tomás López, Tomás do Couto do Outeiro, que fora admitido no 1750 a cambio de tocar gratuitamente todos os anos o día da Santísima Trindade e a véspera. Este estaba casado con María Margarita Bouso, veciña do lugar “do
Salgueirón”, no barrio de “A Cuba” da parroquia de San Pedro de Argomoso. O día
do seu enterro tivo tres misas, unha cantada con vixilia, responsos e seis
votivas, o que fala da importancia da súa figura. O día 5 de xuño do ano 1.773
son admitidos na confraría Manuel López Bouso, fillo de Tomás e a súa dona
Margarita Paz, quedando Manuel obrigado a tocar a gaita, mentras viva, no día
da Santísima Trinidad e a véspera, exemplo do que falabamos de cargos que
pasaban de pais a fillos.
No 10 de Xunio do 1.838 é admitido na Cofradía o gaiteiro Ramón Otero, que cobrará anualmente a cantidade de 6 reais.
No 10 de Xunio do 1.838 é admitido na Cofradía o gaiteiro Ramón Otero, que cobrará anualmente a cantidade de 6 reais.
Boa mostra da importancia que os gaiteiros
tiveron mesmo a nivel eclesiástico témolo tamén Mondoñedo, concretamente na
Igrexa dos Remedios onde no seu retablo se pode observar a figura tallada dun
gaiteiro axeonllado tocando a gaita para o Neno Xesús. Por Lence Santar sabemos
que esa imaxe foi reparada no 1745 polo que a bo seguro que se fixo con moita
anterioridade.
Outro exemplo de confraría "gaiteira" atopámolo na Confraría da Virxe do Carme, en S.Martiño. Onde hoxe compiten en decibelios, luminaria e parafernalia a Panorama e a París de Noia, xa dita confraría facía festa, sen tanta sofisticación, cada 16 de xullo. Nesa data, pero do ano 1726, ingresan dous nobres na confraría, son Xoán Antón e súa irmá Margarida de la Barrera e tamén ingresa nesa data "don Antonio Perez de Miranda, musico de gaita", (Arquivo Diocesano de Mondoñedo, libro de Fábrica da capela do Carme nº1.)

Cinco anos antes, no 1721
e voltando a Ribadeo e ás celebracións pagás, temos que ese verán se celebraron
uns festexos con motivo do embarazo da Duquesa de Hixar e dun
"desembargo" do reino de Aragón. Entre outras actividades festivas
atopamos que unha das atraccións foi unha Máscara
coa súa gaita. Isto da máscara non deixaba de ser o que hoxe chamariamos unha comparsa de carnaval. Deste formato xa tiñamos unha refrencia anterior nas festas dos Remedios de Mondoñedo do ano 1.699 onde tamén houbo unha "mázcara", acompañada de gaiteiros, tambor e danzadores.
Volvendo ao tema pecuniario atopamos no exemplar nº 6 de La Defensa de 06
de xullo de 1918 un artigo que falaba das festas de Viveiro no século XVIII
precisando que nas do ano 1724 o gaiteiro e o tamborileiro ademais do propio
salario acordaran tamén que os gastos da "mantenda" os asumise o
municipio de tal xeito que o salario en si, ou se descoñece ou o artigo o omite
pero os gastos desas "dietas " foron
de 19 reais e medio o gaiteiro e 19 reais e 8 maravedís o tamborileiro.
Onde si sabemos con exactitude os honorarios é no S.Lourenzo
de Foz dos anos 1807, 1808 e 1809. En
1771 atópase a primeira referencia a dita festa e no ano 1807 atópase a
seguinte anotación "el gaitero que
toco en la funcion de San Lorenzo lleva 20 reales" (ADM lib Fábrica
Foz, nº2 fol 165v). No 1808 cobrou exactamente o mesmo. No ano 1809, en cambio,
tan só cobra 6 reais, o que posiblemente
se deba a que se acababa de expulsar aos franceses, en xullo marchan de Galicia,
e non andarían as arcas moi abondosas.
Polo ano 1.809 en Mondoñedo, o mestre da Capela da Catedral José Eusebio Pacheco dirixe unha comparsa composta de gaita, tambor e outros instrumentos. Esta é a primeira referencia de estructura de grupo que poidemos atopar na comarca.
Nas festas que se celebran en Mondoñedo co gallo da aprobación da Constitución de 1.812 o Concello convoca a tódolos gaiteiros do contorno e tamén aos tambores e pínfanos de alarma para tocar polas noites nas fogueiras que terán lugar na Praza da Catedral, alternando coa Capela de Música que se colocará no balcón do Consistorio.
Seguindo en Mondoñedo, para celebrar a maioria de idade de Isabel II nos días 1 e 2 de Decembro do ano 1.843 dous gaiteiros acompañados por dous tambores de milicia percorren o pobo anunciando
a festa a partir das oito da mañá.
E contan as crónicas que na Festa do San Ramón, na parroquia de Viloalle, no 1.869, estaba contratado o Gaiteiro de Zoñán, que compartía cartel coa Pachacha, cega tanxedora de violín. Namentres o gaiteiro acompañado polo bombo e redobrante toca as muiñeiras, os fandangos e os zapateados no lugar da festa, a cega tocaba ó pé do río onde se xuntaron os partidarios dos bailes agarradiños.

E por último, a derradeira referencia que atopamos do
pre-esplendor gaiteiril na comarca atopámola en Mondoñedo onde despois de
varios escarceos carlistas dende o 1874 finalmente no 1876 decretouse o fin da
guerra polo que se acorda facer celebracións durante dous días con "músicas, voladores, gaitas y
tamboriles"...
Finais de século XIX, tempos de axitación , de cambios, pero
tamén tempos de música, tempos nos que xa comezaban a agromar gaiteiros que
despois tiveron renome e foron referencia como Xugo, ou mellor dito Xuio de
Cangas, Coruxeiras, Lerín de Fanoi, Choumín,.... as primeiras formacións... etc
etc Un mundo marabilloso do que iremos falando polo miúdo.
A entrada de hoxe chega ata aquí. Unha entrada na que é todo
o que está pero non está todo o que é, mais que en todo caso coido que
sintetiza o contexto e que deixa ben ás claras que ao contrario do que a moitos
lles poidera parecer esta foi unha comarca que non quedou atrás neste eido e na que se reproduciron, como
acabamos de ver, os esquemas musicais, formas de contratación, influencia,
importancia social, institucionalización etc que viviron os gaiteiros do resto
do país. De aquí vimos... así que aos
que trascenderon no tempo os seus nomes, aos que non, sirvan estas liñas para
amosar o meu recoñecimento e homenaxe. Porque quen non honra o seu pasado, nin
vive o seu presente nin loita polo seu futuro.
Bibliografía
e Blogs consultados
-Apuntes
sobre Ribadeo, de Fernando Méndez San Julián
-Ribadeo Antiguo,
de Francisco Lanza
- Miscelanea
Mindoniense de Andrés García Doural
-A Música en Mondoñedo, de Andrés García Doural e Moncho García González
-A Música en Mondoñedo, de Andrés García Doural e Moncho García González
O meu
agradecemento tamén a Xoán Ramón Fernández Pacios por varios dos datos que aquí
se aportan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario