tag:blogger.com,1999:blog-27525488220150366592024-02-21T01:40:37.060-08:00Bartolo das Aceas Música Tradicional na Mariña de Lugo, por Xoán Manuel Díaz Branco xoandiaz77@gmail.comhttp://www.blogger.com/profile/11821281012778879378noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-2752548822015036659.post-13561605213827528872018-03-15T10:35:00.000-07:002018-07-31T01:12:23.715-07:00DANIEL MÉNDEZ COROAS, DANIEL DO ROXO, O GAITEIRO DE BRETOÑA
Hoxe hai exactamente un mes que despediamos a Daniel Méndez Coroas máis coñecido como Daniel do Roxo ou O Gaiteiro de Bretoña. Entereime polas redes sociais, concretamente a través das da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s. Nese mesmo momento decidín que tiña que escribir algo no blog sobre el, non se me ocorreu mellor maneira de homenaxealo. E púxenme mans á obra, aparcando un texto xa bastante avanzado sobre outro tema que xa verá a luz cando lle toque. É por isto que no mes de febreiro non fixen ningunha entrada, o que tratarei de compensar tentando facer dúas en marzo.
Para acadar material de Daniel toquei varias portas e, se ben algunha se abriu por completo, aínda estou pendente de recibir moito máis material gráfico e sonoro polo que a medida que vaia sendo posible irei actualizando. Pero parecíame simbólico darlle saída ao texto precisamente nunha data tan escollida coma esta. Así que, feita esta introducción, metámonos xa en materia.
Daniel naceu o 8 de
agosto do ano 1923 no barrio do Fitoiro,  no pobo que está aos pes da cancela, nunca
mellor dito, que une A Mariña coa Terra Cha, Bretoña, no concello da
Pastoriza. E ao igual que Maeloc con
respeito da antiga Britania podemos
considerar a Daniel como principal representante dos gaiteiros do lugar.
Porque tendo en conta esas orixes bretonas, e polo tanto celtas da localidade
non podía ser doutra maneira, Bretoña foi tamén
berce de música desa mesma raíz tendo, como decimos, a Daniel como un
dos seus principais referentes, como gaiteiro e mesmo tamén como artesán.
A afección da gaita veulle polo seu irmán Prudencio. Este
era o que tocaba pero tivo que ir á guerra onde por desgraza perdeu a vida. De
tal xeito que a gaita de Prudencio quedou na casa sen que en principio ninguén poidese facela
“falar”. Ata que Daniel, á idade e 14 anos, se decidiu a collela e aprender.
Foi unha aprendizaxe completamente
autodidacta.
Escoitaba pezas doutros gaiteiros nas festas . nas fías de
liño e aprendía as melodías de memoria. Ao chegar á casa collía a gaita e alí
estaba tratando de sacar nota por nota ata que acadaba por reproducir a melodía
na súa totalidade. Así, ao tempo, Daniel
foise convertendo nun gaiteiro de pouso,
dos que non deixaban indiferentes ao escoitalos tocar.
Co paso do tempo, non se conformaría só con tocar, senón que
en principio reproducindo a súa propia
gaita, e despois probando novas características e torneados acabaría sendo
tamén un artesán de referencia na zona se ben non tivo unha producción
demasiado grande.
Daniel era o que se
considera un manitas e sabía traballar a madeira xa que, de feito, o seu oficio “real” era o de zoqueiro. Por motivos obvios a economía como zoqueiro
íalle mellor en inverno que no verán polo que en tempada estival aproveitaba a maior actividade como gaiteiro
para sacar unas pesetas que lle axudaran a complementar os ingresos. Era nese tempo cando máis se prodigaba nas
saídas fóra de Bretoña (moitas das veces que tocaba en Bretoña non cobraba nada)
sendo mesmo habitual velo tocar en Foz diante dun bar que había no porto.
Hoxe en día moito  do
seu repertorio está plenamente
introducido no repertorio popular de boa parte d@s gaiteir@s do país. Mesmo hai pezas que tocou tanto que as
acabou popularizando e co tempo se lle acabaron atribuíndo a el coma se fosen da
súa autoría, como a Mazurca de Bretoña. Non obstante hai datos que deixarían
ver que a peza é mesmo anterior a Daniel, mesmo parece ser que xa o seu irmán prudencio a tocaba, se ben foi  el, como xa dixemos, un dos gaiteiros que máis
e mellor a tocou.
Outro exemplo de peza que popularizou Daniel , sempre ademais facendo mención á súa benquerida Bretoña foi a Muiñeira de Bretoña.
Ese foi, sen dúbida,
un dos máis grandes méritos de Daniel, ser o perfecto nexo de unión
entre aqueles antigos gaiteiros das fías, das festas que sen banda nin moito
menos orquestra, tiñan o son da gaita como única invitación ao baile, cos nosos
tempos, cos gaiteiros e gaiteiras actuais, que moitas veces sen sabelo, tocamos
pezas antiquísimas e que chegaron aos nosos días polo bo facer e polo legado
que gaiteiros como Daniel nos transmitiron. Así, vede por exemplo nos seguintes videos como esas dúas pezas que popularizou Daniel chegaron ata os nosos días e se seguen tocando da man de grupos actuais en dous formatos ben distintos:
E non só foi transmisor de melodías nese inexorable paso do
tempo, foi tamén testemuña directa da evolución social dos gaiteiros. Comezou,
como os seus predecesores tocando nas fías, nas festas sendo o único
protagonista musical das mesmas , tocou no salón de baile de Bretoña e rematou
no derradeiro tramo pois tocando vodas, alboradas, festas pero xa nese papel secundario ao que moita xente nos quere
relegar e no que o  importante nas festas
é que veña unha orquestra canto máis cara mellor, canto máis grande sexa o
palco mellor e canto máis ruído faga mellor.
Por todo o dito, é moito o que lle debemos a Daniel e, en
xeral , a todos eses gaiteiros desa xeración
transmisora non só de música senón tamén de cultura, dunha forma de vida
e dun estatus para o gaiteiro que dificilmente se volverá a repetir.
Así o entenderon dende a asociación mindoniense Pena do
Golpe, que o 16 de decembro do ano 2007 lle fixeron unha máis que merecida
homenaxe e Daniel no auditorio municipal de Mondoñedo . Porque se ben Daniel era un
gran embaixador da súa querida Bretoña, non é menos certo que Mondoñedo e toda
a súa contorna foron tamén testemuñas de
moitas das súas actuacións.
Agora alí onde esté quizais poida, como de novo , volver
coincidir co gran Xosé Seivane, quizais poidan
seguir tocando, falando dos segredos dunha boa gaita. Quen sabe, haberá
que estar coas orellas e o corazón abertos, e quizáis os ventos entre a Serra
de Meira e os máis orientais altos do Xistral veñan cargados de afinados arpexios
saídos das súas mans. Porque o ceo
estase enchendo de gaiteiros e xa só por iso o ceo cada vez é máis ceo.
Dende a terra, dende o presente, trataremos de seguir co seu
legado, para que en parte nunca nos
acaben de deixar, e para que o que onte foi pasado e hoxe é presente, mañá
poida ser futuro.
Ata sempre Daniel
Informante:
- Iván Alvite Alvite
Bibliografía:
gaitas da Dep. de Ourense
xoandiaz77@gmail.comhttp://www.blogger.com/profile/11821281012778879378noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2752548822015036659.post-38134382458946628762018-01-12T21:34:00.001-08:002018-01-16T10:38:30.417-08:00OS CANTOS DE CEGO NA MARIÑA
Unha das expresións
musicais e culturais máis fascinantes que houbo no noso país foron os cegos e
cegas ambulantes (ou os que actuaban como tal porque non sempre o eran ou non o
eran en totalidade) que foron feira a feira, pobo a pobo, en ocasións mesmo
casa a casa, cantando sucesos, amoríos, crónicas sociais e mesmo políticas. Eran
unha especie de "Sálvame" que poñía á xente ao día da actualidade en todos os
sentidos da mesma. É por isto, que ás veces, sobre todo nas festas e feiras, esas coplas eran vendidas polo acompañante
acadando gran aceptación por parte do gran público. Nalgúns casos, aparte destas
coplas e romances, tamén incoporporaban ao seu repertorio pezas bailables de
todo ritmo, tradicional ou non, co cal se aseguraban unha gran versatilidade e
capacidade de adaptación ao que o público requerira en cada momento.
O certo é que todo
ese conxunto de persoas soubo facer da desgraza e da necesidade virtude. Porque
imaxinade o que podía ser para unha persoa quedar cega nun momento e nunha
sociedade sen cobertura nin dereitos sociais de ningún tipo. Nunha época
ademais onde a posibilidade de chegar a esa discapacidade era moito máis grande
que na actualidade, polo azote de certas enfermidades xa case desaparecidas,
porque a sanidade obviamente era moito máis precaria etc.
Esta , polo tanto , era unha das poucas saídas laborais que lles podía quedar a todo este colectivo. E
desa necesidade fixeron unha forma de vida e esta, seguramente sen eles
pretendelo, sen ser conscientes delo, converteuse nun inmenso e valioso legado
de patrimonio inmaterial que hoxe temos
a responsabilidade de conservar e poñer en valor.
En Galiza as actividades d@s ceg@s andantes están
acreditadas cando menos dende o sec. XVI. O máis habitual era que as crianzas
cegas fosen encomendadas a cegos "profesionais" para que estes se
ocuparan da súa especial educación para os particulares modos de vida que lles
agardaban. E en ocasións a educación musical formaba parte desas materias
lectivas. Outra opción era algunha das poucas Escolas que había cun ensino
adaptado acorde as súas necesidades. En Santiago estaba a "Real Sociedad
de Amigos del País" coa que colaboraban diversas entidades, e tamén ‑ e foi a máis destacada ‑ estaba o
"Colegio Regional de Sordomudos y de Ciegos".
Seguramente o cego andante máis coñecido e recoñecido foi
Florencio dos Vilares (1914-1986), o Cego dos Vilares ou tamén coñecido como o
Cego da Fontaneira. O de ter varios nomes respondía case sempre a unha cuestión
toponímica. Se o cego mudaba de residencia pois pasaba a denominarse "o
Cego dese novo sitio de residencia". Así Florencio foi o Cego dos Vilares
porque nese lugar da Fonsagrada naceu e foi tamén o cego da Fontaneira porque
nese lugar de Baleira acabou vivindo.
Florencio foi un dos últimos cegos andantes e sen dúbida ao que máis
material se lle recolleu.
Como explica o gran artesán e gaiteiro Xosé
Seivane no video que se adxunta máis abaixo (Recollida de Luis Prego no 94),
Florencio foi alumno de Santa Marta, un cego de Riotorto que era moi bo no
violín, se ben parece que a relación foi curta e non moi cordial. Parece ser
que o forte carácter de ambos fixo que que non se entenderan e que Florencio
unha vez abandonado o mestre se convertise en autodidacta. Neste senso tamén
hai quen opina que aínda sendo certa esa tensa relación, Santa Marta foi o
verdadeiro mestre que lle transmitiu a técnica e boa parte do seu repertorio.
Sexa certa unha ou outra tese a bo
seguro que eses poucos meses de convivencia a Florencio lle axudaron nesa
formación co instrumento no que, segundo din, nunca chegou ao nivel do ensinante, o que
compensou cun gran oído que lle facía
aprender as pezas ao voo e cun gran inxenio e espontaniedade á hora de facer as
coplas . O nome real deste Cego ensinante era Xosé Santamaría, e era coñecido como Santa Marta ou o cego de Valeira, polo que é razonable pensar ese
fose un lugar desa parroquia de Riortorto.
Pero Santa Marta non foi, nin moito menos, o único cego
andante da nosa comarca. Porque, A
Mariña obviamente, non foi allea a esta realidade social e musical. Tampouco
foi o violín o único instrumento que empregaban, anque sí o predominante. Houbo
cegos, como veremos máis adiante, que tamén tocaban o acordeón ou mesmo a
gaita. En Galiza outro instrumento típico dos cegos andantes foi a zanfona se
ben na Mariña só poidemos atopar referencia deste instrumento por Eduardo Lence Santar, gaiteiro, etnógrafo
e primeiro cronista oficial de Mondoñedo que nun artigo que hoxe aparece
recollido no Libro Etnografía Miondoniense, libro de escolma de artigos seus
que editou Armando Requeixo, onde afirmaba que "nas misas de Saldaxe e Lagoa, alá
polos anos entre 1878 e 1895, tocaba a zanfona a popular Pepa d´o Queixo, de
Bretoña, que foi a derradeira que tocou este instrumento na zona de
Mondoñedo"
Porque si, Mondoñedo podemos decir que foi o epicentro dende
o que partiron a maior parte de ceg@s mariñáns. E foi tamén punto de chegada de
Cegos doutras comarcas, pola importancia histórica da cidade e obviamente pola
popularidade das súas festas e feiras. Ata tal punto chegou esta actividade na
cidade que no ano 1.872 nas Ordenanzas da Policía Urbana e Rural para Mondoñedo
e o seu término, no artigo 227 expónse o seguinte: "Los titiriteros,
saltimbanquis, ciegos y músicos que
por razón de su ocupación suelen atraer gente para verlos y escucharlos,
podrán colocarse en sitios en que no embaracen el tránsito, pero dejando
siempre libres las aceras y bocacalles y siempre que en sus acciones, discursos
y cantares se abstengan de todo lo que pueda ofender la moral pública."
Voltando a Lence Santar, unha fonta inesgotable da que
beber, atopamos que en “El Norte de Galicia”, núm. 1123, pág. 1.,  fixo unha crónica da Feira de Gontán do ano
1894 na que entre outras cousas decía "Una vez en el recinto, se encuentran a
varios ciegos cantando y tocando sus violines, explicando las raras y
sorprendentes pinturas que en grandes lienzos, a modo de estandartes, tenían
sus acompañantes en las manos y que representaban el hombre de nueve cabezas,
La Arpía americana, la mujer anfibia y sus crías.
Media feria contemplaba con admiración lo que los ciegos cantaban,
apresurándose a comprar las historias que lograban aprender de memoria en las
largas y pesadas noches invernales."<o:p></o:p>
AS CEGAS<o:p></o:p>
En canto ao xénero, se ben adoitamos falar de cegos por ser
os homes maioría, tamén houbo mulleres cegas ambulantes. Seguramente a de máis
renome foi Dolores Gómez Lage (1874-1971)
, de Peredo (Castroverde) e coñecida como a Pereda, a Cega de Peredo ou a Cega
a de Miranda. Na Mariña da única cega da que temos constancia foi a Pachacha.<o:p></o:p>
A Pachacha
foi unha cega do Couto de Outeiro, na terra de Mondoñedo, que tocou o violín en
moitas das festas e romarías que se celebraron na bisbarra aló polo século
dezanove. Tamén levou a súa música durante moitos anos por outros pobos da
Galicia chegando a tocar nas provincias de León, Asturias, as dúas Castelas e o
Norte de Portugal.<o:p></o:p>
Unha das festas nas
que adoitaba tocar é a do San Ramón, na parroquia de Viloalle, e contan as
crónicas que na de 1.869, onde tamén
estaba contratado o Gaiteiro de Zoñán, tívose que dividir a xente en dous
grupos, namentres o gaiteiro acompañado polo bombo e redobrante toca as
muiñeiras, os fandangos e os zapateados no lugar da festa, a cega tocaba ó pé
do río onde se xuntaron os partidarios dos bailes agarradiños. Un dos temas que
tocaba no violín é a peza popular "Me gustan todas".<o:p></o:p>
Tiña unha criada
chamada Toña, natural da parroquia de Labrada (Abadín) que ademais era costureira,
botaba a peneira, levantaba de palabra a espiñela e sabía moitos cantares,
adiviñas, contos populares e romances, entre eles o de "Delgadiña".<o:p></o:p>
Delgadiña delgadiña<o:p></o:p>
delgada da miña ialma!<o:p></o:p>
Pillaime a esa traidora<o:p></o:p>
pillaime a esa malvada<o:p></o:p>
Cerrádema nunha sala<o:p></o:p>
con siete llaves cerrada<o:p></o:p>
Quitáronlle o viño <o:p></o:p>
quitáronlle a iauga<o:p></o:p>
i a comer lle daban<o:p></o:p>
touciño i vaca salada<o:p></o:p>
Delgadiña coa sede <o:p></o:p>
se asomó a una ventana<o:p></o:p>
víra vir a sus hermanas<o:p></o:p>
a la fuente catar agua<o:p></o:p>
<o:p> </o:p>
Anos máis tarde o
violín da Pachacha, que vemos na foto, foi parar á familia do que fora tenor e violinista da
Catedral Enrique Iglesias, que tocou nel desde os doce anos.
<o:p></o:p>
OS CEGOS COMO TEMPOREIROS NA EMIGRACIÓN<o:p></o:p>
Unha boa mostra da importancia que os cegos e a súa música
acadaron a finais do século XIX e principios do XX foi que estes foron
requeridos para tocar temporalmente en distintos países das
"Américas". O motivo non era
só a súa calidade musical senón que pola súa especial "característica"
eran especialmente apreciados para amenizar festas privadas nas que estaba
terminantemente prohibido observar, ver ou comentar. O caso é que esta actividade chegou a estar
tan ben remunerada que en poucos viaxes algún cego incrementou
notablemente o seu patrimonio. Isto
atraeu a picaresca, de tal xeito que foron varios os músicos que, sen selo, se
fixeron pasar por cegos para poder ser partícipes do "negocio". Así
un dos primeiros músicos da comarca en ir facer as Américas foi José Antonio
Ramos Gasalla (1853-), O Refaixeiro,
do Couto, en Mondoñedo, quen, con máis de 25 anos e unha preparación musical
sobresaínte emigrou para tocar o violín
varios anos en Bos Aires, finxindo ser cego.
Outro músico "pillabán " da zona foi Benito Vivero Paz , coñecido como Roquitos de Lagoa, do que se sabe que
morreu en 1954, que tamén fixo dúas viaxes a Bos Aires, acompañando ademais a
un bo amigo seu, pero que neste caso si que era cego de verdade e do que
falaremos máis para adiante . Roquitos era clarinetista e tocaba en dúo co
amigo, que tocaba o violín. Ese amigo era Cecilio Casabella, o Cego de Frexulfe
(O Valadouro) . Parece ser que na primeira viaxe tiveran grande éxito xa que
ademais de tocar nas famosas festas, tocaban na rúa, deténdose os trolebuses e
os tranvías para escoitalos. Non foi xa así na segunda ocasión. En todo caso
ambos fixeron a pequena e desexada fortuna aínda á conta de asumir no caso de
Roquito os riscos propios da súa simulación. Sobre isto el mesmo contaba que: "nas grandes mansións dos arredores da
capital celebrábanse auténticas bacanales erótico-festivas, ás que asistía
xente con gran poder adquisitivo, e para as cales eramos contratados polo feito
de sermos cegos. Mais nunha ocasión un dos asistentes fixo un xesto que me
resultou moi simpático e non conseguín reprimir o riso, detalle que captou o
mencionado convidado. Este advertiu ao resto da posibilidade que eu non fose
cego, o cal nos podía traer consecuencias moi graves. Mentres se acercaba ocorreuseme humedecer as zapatas do clarinete con saliba para que
taponasen ben. Cando el se acercou e se inclinou a mirarme os ollos, boteille
todo o cuspe na cara de tal xeito que quedou convencido que non vía. Se nos
chegan descubrir ao mellor nos xogabamos ata a vida..."<o:p></o:p>
CECILIO CASABELLA VÁZQUEZ ( 1869-1942), O CEGO DE FREXULFE <o:p></o:p>
Foi coñecido tamén como o Cego de Canoura ou O Cego do
cigarro. Aos dous anos contraeu viruela
salvando a vida milagrosamente pero perdendo a vista. Coa pérdida de visión , o
neno desenrolou outras capacidades, as musicais entre elas, que lle permitiron
completar unha vida plena e chea de experiencias.
Sábese que Cecilio para aprender a tocar o violín ía a algún
lugar de preto de Zoñán, en Mondoñedo ou
nalgún lugar entre Zoñán e Labrada (Abadín) polo que tendo en conta as
cronoloxías vitais é probable que o seu mestre fose Manuel Reigosa O Cego de Espiñarcao (Abadín). Este, nado no 1860,
quedara cego aos 8 meses e tamén pola viruela. Outra opción que coincide
cronoloxicamente e espacialmente e que, polo tanto, non se pode descartar é que aprendese de Benigno Soto, O Roso, ou
tamén coñecido como O Cego de Rego de Cas (Mondoñedo) do que falaremos polo
miúdo máis adiante. Esta opción ademais gaña enteiros porque sabemos que o Roso
adoitaba ensinar a tocar e porque era nativo do concello de Ourol, e
concretamente da parroquia de Silán, a mesma da que era nada Amalia Cabeza, que non
era outra que a dona de Cecilio.
Cecilio Casabella, coa súa familia
Despois de casar, no 1900 Cecilio emprendeu a primeira da
catro viaxes que fixo a Arxentina, neste caso con Eliseo Cabeza, fillo que Amalia xa tivera de solteira. No 1907 repetiron a viaxe. Eliseo quedou tan
prendado do país sudamericano que decidiu quedar e instalarse alí. E aí foi cando tivo que cambiar de compañeiro
e fixo as dúas viaxes xa relatadas co seu amigo Roquitos de Lagoa.
Esas viaxes eran sempre en outono-inverno porque aquí eran
menos as labores e porque ao ser verán alí, collían as "tempadas
altas" a ambos lados do atlántico. De tal xeito que estando na casa
asistía a feiras, festas , mercados ao igual que o resto de cegos.
A maiores, Cecilio rexentou un muíño, o muíño de Chaíño, na
súa parroquia de Frexulfe. Contan que distinguía os sacos pola forma de estaren
atados, e que cando ía repartir sabía onde estaban os cruces de camiños polo
son dos cascos da besta ao bater co chan.
Muíño de Chaiño
Cecilio donou o seu violín á directora dun dos colexios de
Lugo onde estudaron os seus fillos.
A modo de anécdota, cómpre decir, que Cecilio Casabella
deixou semente musical e de gran calidade pois un dos seus netos non é outro
que o gran Miro Casabella, que mesmo se ten presentado nalgún evento decindo "son o quinto neto dun cego cantor de
coplas..." Ese vínculo, non só con seu avó, senón con
toda esa cultura de cegos músicos, poetas e pregoeiros quedou patente o 28 de
marzo de 2015 pois nesa data, na Feira de Ferreira do Valadouro Miro
homenaxeaba coa súa música ao Cego de Viloalle, cego do que por suposto tamén
falaremos, e que era un asiduo desa feira, así como tamén o era o Cego de Loiba (Ortigueira) do cal polo
Valadouro aínda lembran as súas coplas “Eu
son o cego de Loiba / nacido na Rúa de Petín / vouvos contar un caso que me
pasou a min / a miña Carmencita cando tiña os vinte anos cumpridos / non había
quen lle dixera nada / e era a envidia dos veciños… “.
<o:p></o:p>
<o:p> Miro Casabella tocando na homenaxe na feira de O Valadouro</o:p>
<o:p>
</o:p>
BENIGNO SOTO PAJÓN (1877-1949), O ROSO OU O CEGO DE REGO DE CAS<o:p></o:p>
O Roso nace en Silán
(Ourol) no ano 1.877. Aprende a tocar o
violín e comeza a tocar nos derradeiros anos do século dezanove. Mais adiante
contrae nupcias con Maripepa Carvajal fixando a súa residencia en Mondoñedo, no
lugar de Rego de Cás pertencente á parroquia dos Remedios. Froito do seu
matrimonio nacen os fillos Jesús, Josefa, Nieves e José. O Roso ensaia nun corredor de
madeira que hai na súa casa, situada na beira da estrada que vai a Zoñán. A veciñanza e os nenos e nenas do lugar xúntanse diante da súa porta para escoitalo. Chega a
manexar o violín con moita mestría e forma un dúo co seu veciño José das
Montañesas, que toca nun bombo de reducidas dimensións. Xuntos tocan nos bailes
que se celebran polas vilas de Romariz, Labrada, Espiñarcao, San Vicente,
Galgao, Bretoña, Sta. María Maior, Trabada... chegando algunhas veces a
amenizar festas pola comarca da Terra Cha. Durante certo tempo tamén o acompaña
a súa filla Josefa.
Cando saen de xira soben polo camiño da Infesta acompañados
dun burro que levan para o transporte dos instrumentos e despois de permanecer
entre 15 e 30 días tocando fora das casas, cando regresan traen o animal
cargado con diversos alimentos (carnes, ovos, patacas, chourizos...) que lles
dan nos lugares onde tocan, tamén xuntan algúns cartos que recadados nos
bailes, onde cada un dos asistentes aporta o que pode.
Contan que nalgunha ocasión encontrase co lobo cando atravesan
a montaña, pero Benigno di:"... con
dous golpes de bombo o lobo asustase e bota a correr", e tamén opina
que: "...é mellor ter ó lobo de compañeiro que a un mal home".
Segundo contan os veciños do lugar O Roso é un home alegre e ten fama de ser un bo contador de contos. Benigno ademais de tocar ben tamén canta e presume de ter unha boa voz. No seguinte video Xosé seivane canta unha das súas coplas.
Xosé Seivane cantando unha copla do Roso
Hai un romance que narra un crime , na parroquia de Toxoso,
en Ourol, e que por proximidade xeográfica ao seu lugar de nacemento e lugar
ademais onde comezou a súa faceta musical que ben podería ser da súa autoría se
ben é algo que obviamente non se pode asegurar. Dito romance, que o grupo folk
mariñán Nordés gravou no 98 no seu disco Egovarros Namarinos, dí así:
E na vila de
Toxoso
Valentín era bon mozo<o:p></o:p>
a tres
leguas de Trasbar home de moito sentido<o:p></o:p>
habitaba un
matrimonio
e por iso Blanca Rosa<o:p></o:p>
de moi avanzada idade lo
prefiere por marido<o:p></o:p>
Con eles
tamén teñen Rabeando Manuel de celos<o:p></o:p>
unha filla
moi fermosa xurou
tomar a venganza<o:p></o:p>
rapaza de
vinte abriles e
afiou os coitelos<o:p></o:p>
e de nome
Blanca Rosa con que su padre
capaba <o:p></o:p>
Le cortejan
dos rapaces
Esperose a Valentín<o:p></o:p>
de muy buena
posición:
que viña de traballar<o:p></o:p>
Valentín da
Fiandeira o coseu a puñaladas<o:p></o:p>
e Manuel do
Capador e
logo o foi a enterrar.<o:p></o:p>
Na maior parte dos
lugares onde toca sempre hai unha casa onde comer e durmir por conta dos
veciños. No inverno cando chega a estación da matanza dos porcos toca polas
casas de Cesuras, Zoñán e Pelourín onde se celebran as tradicionais comidas e
ceas dos callos.
No Roso tamén destaca a faceta de mestre musical pois
ensinou a varios cegos a manexar o seu instrumento e a facer del o seu xeito de
vida. Xa vimos que moi probablemente foi
el quen ensinou a Cecilio Casabella, o Cego de Frexulfe e sabemos que lle
ensinou tamén a Manuel Martínez Chao, Mané
veciño tamén de Rego de Cas , pero
que despois se trasladará a vivir a S.Miguel onde pasará a ser coñecido como
Jota Baril e do que falaremos máis adiante.
O Roso morre viúvo cando conta coa idade de 72 anos, o día
26 de Abril de 1.949. O seu fillo Jesús Soto Carvajal continúa a tradición
familiar tocando o violín durante uns anos ata que emigra a Cuba, aínda que uns
anos despois ó regresar a Mondoñedo volve a tocalo de novo.
ANTONIO LEXIDE FERNÁNDEZ (1895-1976), O CEGO DE VILOALLE<o:p></o:p>
Outro dos músicos da
zona de Mondoñedo que percorría vilas e cidades cantando as coplas e tocando o
violín, sobre todo na primeira metade do século, era Antonio Lexide Fernández,
o Cego de Viloalle. Nace o 9 de Xaneiro do 1895 en Millarado, na parroquia de
Viloalle.
<o:p></o:p>
A enfermidade da
viruela prívao da vista cando só ten oito anos, ingresando despois nun colexio
en Compostela onde aprende a tocar o violín. De volta a Mondoñedo comeza a
frecuentar as feiras dos arredores tocando e vendendo coplas acompañado polos
seus irmáns Ramón e Marcial, máis adiante pola súa muller, e despois pola súa
filla Sabina, que vai con el dende pequena e ás veces canta algunha copla
mentres Antón toca o violín e faille os coros. Durante un tempo tamén toca con
el o seu sobriño Rafael.<o:p></o:p>
É fácil velo nas San
Lucas vendendo os panfletos do último crime, ou preparando o arco para interpretarlle ás xentes que veñen de toda a zona o romance máis espectacular da temporada.
Pode presumir de ser amigo do ilustre escritor Alvaro Cunqueiro, a quen tantas
veces acode para que lle amañe as coplas dos acontecementos, a maior parte
delas baseadas en feitos reais. Tamén interpreta outro tipo de pezas
entre as que destacan algúns cuplés.<o:p></o:p>
Tódolos anos realiza
unha xira que comeza pasado o carnaval e remata pola festa do San Xoán.
Percorrendo as catro provincias galegas, León e Asturias e chegando ata Medina
de Rioseco onde para polo San Isidro.<o:p></o:p>
Antón sempre está de
bo humor, o pitillo entre os beizos é algo que non lle pode faltar. Contan que
chega a ter problemas cos familiares de acusados en certos delictos, os cales
se opoñen á venta e canto das coplas. Moitas delas son sacadas do semanario El
Caso, diario famoso na época por relatar todo tipo de crimes.<o:p></o:p>
Entre as cantigas
que interpreta Antón encontramos Romance de las dos gemelas, Cuatro niños
envenenados, Vinde mociños e mozas, Carta de Pepe a Rosa e A tola de Cangas de
Onís (que quixo comer ó seu home pola noite, morrendo desangrado). Morreu no
lugar de A Cabana na parroquia de Viloalle, o día 30 de Abril do ano 1976.<o:p></o:p>
No 2015, como xa
contamos Miro Casabella homenaxeouno no Valadouro onde era habitual no mercado
e onde aínda hoxe o lembran tocando e
vendendo coplas onde hoxe está a fonte. Alí mesmiño era a casa de Miro Casabella e a bo seguro que dende ela ten visto e oído ao cego.<o:p></o:p>
villa del Rabiño
Cortegada
un matrimonio
fe cristiana.
llamaba Goaquín
esposa Doña Goana
estuvieron nel Brasil
mucha plata.
los sus aforros
en una jarca.
la medianoche
jallo no cantaba
puerta del guardín
criminales entraban
que estaba en la porta
casa juardaba
tal puntapié
abrieron las entrañas.
principal
daba jritos
vinieran a oírla
mismos anguelitos...
pronto callara
criminales subieron
metieron en la boca
y una almohada,
mantón de ocho puntas,
cobertor y dos mantas.
ajarraron por los pelos,
por la ventana
caer de fuciños
estaba la estercada
entre malos olores
entrejó su ialma.
a la suejra
en su camastra
lo escuchó todo
hacia una alacena
ajarró una escopeta
para caza
espetó dos tiros
semejante canalla
de sus jetas
entre las ajallas
feitos trizas
inservible morralla
llamó a la justicia
de talla
crimen fue conocido
la vecindalla..
tenéis higos
vais a la escuela
olvidéis que es importante
la casa a una suejra
aunque a veces nos riñe,
araña y nos peja,
nos juarda la casa
un perro de presa.<o:p></o:p>
Velliña, cangada de anos,
non teño de leria gana,
pro hoxe quero falar
da miña vida pasada.
Cheguei ó cumio da grórea,
e foi tanta a miña fama
que con Príncipes vivín
e c’o propio Rey moraba
cando conquistou Sevilla
Fernando o Santo pr’a España.
E fun, con Pedro d’a Ponte
e Martín Codax, escrava
d’as suas cantigas de amigo,
copras com’a fel amargas.
Chorei c’o infelís Macias
por querencias mal pagadas.
Bernaldo de Bonaval
feríame n’as entrañas
co-as cantigas de escarnio
com’a un coitelo afiadas.
Trovas a Santa María
o sabio Rey entonaba
ó meu son, n’a fala nosa.
para que ó ceo millor chegaran.
Dempois vivín esquecida
e fin de cote aldraxada,
pro sempre o espritu celta
levei n-estas catro táboas.
Foron moitos os traballos
que pasei e despreceada
de Reis, Señores e Grandes,
farta xa de ser sua escrava,
fuxín d’os Pazos, e libre
fun pol-o pobo amparada,
i-en troques fíxeno rir,
chamándolle nomeadas
ós que ingratos me olvidaran,
e de cegos n-a compaña
alegrei as romerías,
corrín feiras e fiadas,
e non faltaba n-as bodas,
ás que era sempre chamada.
Vivín para o pobo e no pobo
afinquei a miña fama,
mais o meu son era soave
i-o estrondo das charangas
apagou a miña voz
e fun para sempre olvidada.
Todas as miñas hirmáns
morreron apolilladas,
i-as poucas qu’índa quedamos
non temos folgos pr’a nada.
Estou roida dos ratos
e comesta d’as tarazas;
soio falo pol-a roda
i unha corda enfiañada.
Pro atópome contenta,
pois logo hei de ser vingada,
por un home que loitou
para verme resucitada,
i-as miñas rebustas netas,
novamente frabicadas
han tocar os sons doídos
i-as alegres foliadas,
co-as sinxelas melodías
n-istes tempos olvidada
MANUEL MARTÍNEZ CHAO (1897- 1957), JOTA BARIL<o:p></o:p>
O “Mané” naceu en Rego de Cas, (Mondoñedo),a fins do
1897. Seus pais vendían quincalla de feira en feira naqueles momentos. E era
nas feiras onde a gran maioría dos mercadores ambulantes, titiriteiros,
músicos,… se daban cita chegados de diferentes lugares da bisbarra.
O Manuel, á tenra idade de sete anos, quedou cego dun ollo tras unha
enfermidade. Inmerso dende o primeiro momento nun mundo de músicos,
titiriteiros e mercadores ambulantes e con grandes cualidades para a música,
aprendeu de moi novo a tocar o violín de mans do Benigno Soto Pajón, “O Roso “ ,como xa vimos con anterioridade. Dende moi novo trasládase a San Miguel de
Reinante e dende alí comezou a ir de festa en festa vendendo e cantando coplas
que escribía, ou lle escribían. Noutras ocasións intercambiábaas con
outros músicos nos diferentes lugares de encontro.
Percorría numerosos pobos do redor: Arante, Remourelle, Fazouro,
Mondoñedo, Foz … durante o verán, e polo inverno viaxaba cara as montañas
de Galicia e Asturias co seu burriño, abrigado cunha chaqueta longa e
arrastrando nas zocas. Por San Miguel víase máis no inverno vivindo nun pequeno
alpendre no barrio chamado o Curro.
Nas súas viaxes, durmía onde lle deixaban: cuadras, alpendres... e a
cambio tocaría durante as esfollas e mallas. Cando Jota Baril chegaba
comezaba a festa, “seica che manca o zoco Mané” ou “toca outra jota Baril”
coreaba o público nas esfollas que facían no Curro, orixinando así o seu
nome artístico, Jota Baril.
Tocaba o violín pechando nun ollo e nas súas cantigas en moitas ocasións
exaltaba aos heroes da república, cantigas prohibidas posteriormente durante o
réxime.
Nos primeiros anos ía acompañado do seu criado chamado de mal nome o
“Zangamulo”, ao que lle pagaba un real . Zangamulo acompañaba a Baril coa
percusión e ademáis ía sinalando cun pao ao público as principais escenas do
que Baril narraba. Tras Zangamulo, tivo numerosas acompañantes femininas.
Visita foi a que máis tempo compartiu con Manuel . Era asturiana e viña
escapada dos horrores da guerra civil, vira como fusilaban a seus irmáns por
ser republicanos coma ela e o Manuel. Non sabía ler nin escribir pero Leonardo,
sobriño do Manuel, líalle as coplas e ela memorizábaas con facilidade e
interpretábaas coa súa voz prodixiosa. Cando a guerra finalizou, ela foise para a súa terra para nunca máis
voltar. Despois de Visita virían outras mozas.
Manuel morreu no ano 1957 con apenas sesenta anos en Foz deixándonos sen a súa
música por sempre, o seu violín deixou de tocar.
Ao longo da súa vida, chegou xuntar máis de 1500 coplas. Estas coplas que
foron destruídas despois da guerra por medo, xa que a gran maioría eran de
exaltación da república e o medo naqueles anos durante o réxime era palpable en
tódolos recantos do pobo.
Sorte que queda Leonardo , seu sobriño, que de memoria recordou e transcribiu
algunha desas coplas.
Manuel nos tempos da guerra chegaba co seu violín ao barrio
dos Campos onde amenizaba as tardes dos domingos cando os bailes foron
suspendidos, de forma que contribuíu a esquecer os horrores e preocupacións da
guerra a veciños e veciñas.
Aquí deixamos unha copla das que este home de San Miguel, pobo que sempre levou
no corazón, interpretou nos anos previos
á guerra.
García y Galán
Mariposas que cernís el vuelo
Allá en el sepulcro cantad y decir
Si es verdad que hay Dios en el cielo
Los dos sepulcros debe bendecir
Y un castigo dar al Caín que llamándose rey
Pisoteó la ley Constitucional.
No lloreis a Galán ni a García
Murió la maestría
La idea quedó.
Si su sangre vertieron un día
abierto el camino a España dejó
sólo para ver poco a poco caer al farsante
que luce un brillante sin sudarlo el.
El que tiiene dinero no siente
Las penas que pasó el trabajador
Derramando el sudor de su frente
Y dando el producto al explotador
dijo así Galán, y al momento
de ser fusilado dió un Viva cerrado
Por la libertad.
VICENTE VILLALBA MASEDA (1910- 1985), O CEGO DE GROVE <o:p></o:p>
Vicente naceu no lugar de Grove, na parroquia de Sta. Mª de
Vilamor, en Mondoñedo. Perdeu a vista de neno despois de sufrir un desgraciado
accidente ao estouparlle un barreno que atopou xogando nas canteiras de Vilamor.
Despois disto ingresa nun colexio de cegos onde aprende a
escribir e ler braille e onde adquire uns coñecementos culturais aceptables así
como certas habilidades entre as que se atopa tocar o acordeón.
Co acordeón comeza a percorrer
a bisbarra coincidindo nalgunha ocasión co Praviano, outro músico de acordeón
mindoniense pero neste caso perfectamente vidente. Con el chegaría a acompañalo
durante varios anos que realizan cantando e vendendo coplas. Precisamente coa nai do Praviano acaba casando
e fixan a súa residencia no barrio das Abidueiras.
Máis adiante trasladaranse a vivir ao barrio de San Pedro da Torre.
Mantivo unha boa amizade co cego de Viloalle, co que tamén
adoitaba coincidir nas xiras pola comarca ou mesmo por outros puntos do país.
No 1955 ingresa na
ONCE pero non lle fai moita graza vender o cupón e segue exercendo a profesión
musical tocando polas vilas e pobos da comarca.
Uns anos despois trasladáronse a vivir a Ribadeo e continúa
tocando polas feiras e festas da comarca acompañado da súa dona. Tamén ten por
costume tocar ás portas das Igrexas cando entra e sae xente das misas. Así por
exemplo aínda hoxe hai moita xente que os lembra na Igrexa que está a carón do
mercado en Ribadeo.
Nos derradeiros anos da súa vida retorna a Mondoñedo onde
reside coa familia da súa dona no Coto de Outeiro ata que o 29 de outubro do 85
morre tres días despois de sufrir un infarto.
ELADIO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (1927-2000), O CEGO DE ALDIXE OU CEGO DOS
MUÍÑOS<o:p></o:p>
Eladio nace en Aldixe (Abadín) en decembro do ano 1927. De neno ingresa interno no "Colegio
Regional de sordomudos y Ciegos", en Compostela, onde aprende cultura
xeral ademais de ler e escribir en braille.
Ademais complementa os seus estudos aprendendo a tocar
varios instrumentos: violín, acordeón, e gaita. Mesmo chega a ter tamén un
bombo e uns platillos.
De novo toca nas foliadas e nas fías que se celebran polas
aldeas dos concellos de Abadín e Mondoñedo e Vilalba. Nalgunha ocasión toca
tamén na Festa do antroido que se celebra na parroquia de San Vicente, onde ten
lugar unha curiosa competición entre os
veciños, que consiste en ver quen é capaz de aguantar máis tempo
bailando A Raspita.
Algunhas das pezas que Mini e Mero recolleron a Eladio foron:
Letra e partitura de "As Mozas de Aldixe"
Letra e partitura do Parrafeo de Xaquín da Sebe Torta e Marica
Partitura Xota de Burgás
Despois de casar dedícase a cantar e vender coplas polas
feiras de Gontán, Vilalba, Meira, Cospeito e outras da comarca . Era habitual
velo tamén nas portas da muralla, en Lugo.
No ano 1963 trasládase a Mondoñedo, residindo primeiro no
barrio do Pasatempo e despois nos Muiños de Arriba, dos que acaba recibindo o
alcume. Nese tempo abandona a labor musical
e comeza a traballar como vendedor de lotarías na cidade, anque
nalgunhas festas que se celebran, animado polos veciños e amigos, colle o
violín ou a gaita para interpretarlles
unhas melodías. Ainha hai quen o lembra tocando no Folión dods Muíños pola
noite de S.Xoán ou na Festa do S.Pedro, na Fonte Vella e tamén nalgunha casa
particular da rúa Méndez Núñez.
Cando a súa muller Matilde morre, Eladio fixa a súa
residencia na Coruña onde seguiu vendendo lotaría.
Xa nos últimos anos tentan que actúe no programa Luar, da
TVG pero el declina a invitación. Afortunadamente Xosé Luis Rivas,
"Mini" e Baldomero Iglesias, "Mero"foron quen de recollerlle parte do seu repertorio e coplas.
Morre na Coruña o 6 de xaneiro do 2000. O acordeón, o bombo
e os platillos foron vendidos a outros músicos mindonienses e a gaita e o
violín consérvanse en mans da súa familia.
Gaita e violín de Eladio
<o:p> </o:p>
<o:p>
</o:p>
Eladio foi o derradeiro cego andante da Mariña e un dos
últimos do país. Ata aquí chega unha
historia fascinante, unha historia chea de xente valente, de xente con talento,
pero sobre todo de xente que soubo adaptarse ás circunstancias, que soubo facer
da súa eiva un modo de vida. unha xente que como xa dixemos ao principio, sen
seren conscientes, se convertiron en verdadeiros referentes do tesouro
patrimonial que este país ten coa música tradicional en todas as súas
formas. Recitemos as súas coplas,
toquemos as suas pezas, falemos das súas xestas, só así seguirán estando vivos,
só así o seu legado non se perderá. A min dende logo non se me ocorre mellor
homenaxe.
Bibliografía:
- Etnografía Mindoniense, de Eduardo Lence Santar
- A Música en Mondoñedo, de Moncho García e Andrés García Doural
- Lembranzas musicais do Valadouro, de Francisco Piñeiro e Mª Paz Rodríguez,
- Florencio, cego dos Vilares, de Dorothe Schubarth, Antón Santamarina, András Vavrinecz e Ramón Pinheiro
- Cantos, coplas e romances de cego (I), Recollida de Mini e Mero
- Cantos, coplas e romances de cego (II), Recollida de Mini e Mero
Blogs:
- Miscelanea Mindoniense
- CadernodeAntonioReigosa
-Vasoiras da Xibarda
- Os Espigueiros
- A Fiestra de Masoucos
Webs:
- Apoi-mpg.org
- ocantodopobo.ophiusa.com
Xornais:
-Sermos Galiza 255
Outras fontes:
-Fuco Vázquez, do Grupo Nordés
-Luis Prego: Recollida a Xosé Seivane en febreiro do ano 94
- Etnograía Mindoniense (paxina facebook)
xoandiaz77@gmail.comhttp://www.blogger.com/profile/11821281012778879378noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2752548822015036659.post-66860631612314794712017-12-08T19:16:00.001-08:002018-01-15T04:26:49.050-08:00GAITEIROS, AS PRIMEIRAS REFERENCIAS
Foto anónima que aparece en "Ribadeo na
Memoria"<o:p></o:p>
Se ben quen escribe non ten intención algunha de que as
publicacións sigan unha estricta orde cronolóxica, si parece lóxico que á hora
de botar a andar o fagamos dende a orixe do tema, máis que nada para poder ter
a perspectiva exacta de onde vimos. De tal xeito que considero apropiado que
esta primeira entrada xa metidos en fariña ,máis alá de presentacións, trate
sobre as primeiras referencias que atopamos na nosa comarca do que hoxe
entendemos por música tradicional, e máis nomeadamente sobre a gaita e os
gaiteiros.
Mais antes de nada, cómpre contextualizar a figura do
gaiteiro, pois só deste xeito poderemos entender realmente a importancia que
este tivo na sociedade galega durante séculos.
Porque o gaiteiro popular foi unha figura indispensable en todas
as reunións festivas fosen do tipo que fosen : Festas Patronais, romarías,
celebracións... Mesmo nos séculos XVI e
XVII o gaiteiro é unha figura normalmente institucionalizada sendo contratado,
case sempre de forma anual, por concellos , gremios ou confrarías, que
dispoñían deste xeito dun gaiteiro oficial durante ese período de tempo. Así
por exemplo, polas actas municipais, hoxe podemos saber que en Ribadeo, xa polo
ano 1536 o gaiteiro era escollido nun
"pleno" municipal, preferentemente o primeiro que se celebrase no
ano. O cargo mesmo se podía herdar pasando de pais a fillos, o que dá boa
mostra da súa importancia social e do grado de institucionalización que acadou.
Do primeiro gaiteiro galego do que temos referencia é Johan
Gonçalves. A referencia curiosamente non veu dada pola súa función musical,
senón que aparece como testemuña dunha venta no ano 1374 citando esa como a sua
actividade.
testemoyas Fernán Xordo morador en Vilar Jeestoso, Johan Gonçalvez gayteyro,
Affonso Pérez Alvello, Affonso Pérez ferreyro moradores de dito moesteyro et
outros."
afirma que era da parroquia de Sta María
de Labrada, limítrofe con ese concello coruñés, mais xa en terras do concello
lugués de Guitiriz.
Se falamos da Mariña, a primeira referencia da que eu puiden
ter coñecimento atópase en Ribadeo no
ano 1570. Ese ano, coma sempre no primeiro pleno do ano escolleuse o gaiteiro,
que tería que poñer son aos desfiles das confrarías, aos bailes dos gremios, ás
celebracións do pobo en xeral. Asimesmo
faise constar que o tamborileiro se contrataría por funcións, é decir,
contrataríase a maiores para acompañar ao gaiteiro pero só cando esas
celebracións fosen de grande importancia.
Pois con data 20 de outubro hai unha acta dun onde se reflexa o acordo
para a contratación do tamborileiro BARTOLO
DAS ACEAS para celebrar a chegada da cuarta esposa de Felipe II.  Concretamente
a acta dí así:
"Por cuanto es cierto que S.M.la Reina Ana de Austria,
4ª esposa de Felipe II, ha sido desembarcada en España y conviene que por la
buena venida de S.M. haga en el pueblo sentimientos de contento con procesiones y alegrías: por
ende todos los vecinos de la villa y arrabales tengan en sus ventanas candelas
encendidas la noche del sábado que viene y hagan fuegos en las calles
principales, con que no resulte daño, y el domingo vayan antes de la misa a la
procesión, desde la Iglesia de Nuestra Señora, hasta la de la Trinidad de la Atalaya:
que se hagan disparos de artillería: que los obligados de las carnicerías
traigan dos toros a costa de la villa para ser corridos, y que venga Bartolo
das Aceas a tañer el tamboril."<o:p></o:p>
Converteuse así Bartolo das Aceas na primeira refrencia
explícita que eu puiden atopar, o que xunto á propia sonoridade do nome, e a que moi posiblemente se refire a un topónimo
mariñán (As Aceas está a un par de km de Ribadeo na estrada que vai pegada ao Eo
dirección A Veiga) me fixo bautizar o blog co seu nome.
É evidente que ser a
primeira referencia atopada non quere decir ser o primeiro da comarca, nin
tamborileiro nin gaiteiro, só o primeiro que eu puiden ter atopado, do que
puiden atopar constancia. Pero é
imposible que, seguro que vos tamén xa botastes as contas, se douscentos anos
antes xa había gaiteiros non os houbera tamén polos nosos lares. Nese senso sería preciso sumerxirse horas e
horas nos arquivos e seguro que poderían aparecer máis informacións. Se algún
día dispoño de máis tempo prometo facer ese traballo e tratar de botar luz a
todos os datos que poida, e facer novas entradas que completen esta, aínda a
sabendas que seguramente nos arquivos nos vaiamos atopar a mesma e constante problemática
que para estudar os datos de moitos anos despois a través de referencias de
prensa: sempre vai ser máis probable atopar referencias de gaiteiros/grupos
urbanos que dos rurais.
En todo caso coido que o que puiden ir recopilando xa cando
menos serve para facer unha composición de lugar do tema a tratar.
Ben, feito este pequeno inciso, e retomando ese 1570 como
punto de partida, non volvo atopar referencias ata o ano 1608. Nese ano
celebráronse, tamén en Ribadeo, corridas de touros polo S.Xoán, para o que
habilitaban unha praza pechando bocarrúas. Pois ben estas corridas foron
amenizadas por un tal Juan Freire á gaita e seu irmán ao tambor, cobrando por
tal labor a cantidade de 24 reais.
En Mondoñedo, nas festas que se celebran o 24 de Outubro do ano 1.611 na honra de San Rosendo contrátanse cinco gaiteiros pola cantidade de 8 reais cada un.
No 1613 e tamén en Ribadeo atopamos a contratación do gaiteiro para ese
ano recaendo tal sorte na figura de Alonso Fernández por un total de 6 ducados.
No 1618, volvemos atopar unha festa taurina, neste caso en Mondoñedo, e pola cal as autoridades acordan chamar un tamborileiro e dous gaiteiros para que asistan á mesma dándolles a cada un a cantidade de 16 reais.
No ano 1625 o
gaiteiro que tocaba o día da festa de Santiago, en Foz, cobraba 3 reais
(Arquivo Diocesano de Mondoñedo. Foz, Libro de Fábrica nº1 fol 7). Se alguén repara na presunta diferencia cos
honorarios dos irmáns Freire en Ribadeo 17 anos antes hai que aclarar que estes
aparte de que eran dous, tocaban varios días porque esas corridas de touros
perfectamente podían celebrarse durante toda a semana e no caso da Festa de Foz
xa explicita que se trataba dun só día.
Voltamos a Ribadeo no 1681 onde voltamos a atopar unha acta
que, se ben obvia o nome concreto do gaiteiro e do resto de contratacións, exemplifica o que comentabamos antes desa contratación
no primeiro pleno do ano e tamén do status social deste (se comparamos co resto de funcións
escollidas) pois esta dí así:
"El 1º de año, como todos los
demás años, se hace nombramiento de escribano-secretario, tres regidores,
procurador general, fabricario de Sta María del Campo, mayordomo de los Hospitales
de San Sebastián y S.Lázaro, y de las Cofradías de Ánimas, Santísimo y del Rosario,
de la ermita de Nuestra Señora del Camino y Santiago de Vigo, sacristán, dos
relojeros, riero, Regidor da la Villa, campanillero, alcalde de la Hermandad, Gaitero
y Maestro de niños, eligiendo procurados las rilleras de arriba y abajo" <o:p></o:p>
O 28 de Maio de 1.664, en Mondoñedo, contrátase a tres gaiteiros para o tradicional baile das tres danzas que se celebra co gallo da subida da Virxe dos Remedios desde a Catedral ata o seu Santuario.
Voltando a Ribadeo, na acta do 17 de xullo de 1694
atopamos o seguinte: "Antonio de Torres, arrendatario
de zientos y propios de la villa pagará a Juan Lopez Cabaleyro, gaitero desta
villa, dos ducados de vellon por su salario de medio año".<o:p></o:p>
Xa no 1700 polas festas do Corpus, en Mondoñedo, as imaxes de S. Isisdro e Sta María da Cabeza báixanse en procesión ata a catedral acompañadas de gaita e foguetes.
Nesa mesma festa pero do ano 1703, o gremio dos xastres encárgase de pagar os oito danzadores e máis o gaiteiro que actúan na celebración.
GAITEIROS E IGREXA
Se ata o de agora todas as referencias que atopamos son de
gaiteiros contratados polas arcas municipais, e nalgún caso por gremios, en Mondoñedo polo 1706 atopamos outro exemplo típico de contratación
da época, a das confrarías. Segundo consta
no libro das constitucións da cofradía da Santísima Trinidad, a maior parte dos
seus cofrades pertencían ao gremio dos xastres, que como vimos con anterioridade xa tiña feitas contratacións de gaiteiros e danzadores.
Por medio da publicación Do Obispado, tomo III de D. Eduardo Lence Santar, antiguo
cronista de Mondoñedo, temos noticia de varios cofrades que tocaron a gaita na
cofradía. O 29 de maio de 1.706 son admitidos Domingo Rego, veciño da Graña de
Villarente (Abadín) e a súa dona María López por comprometerse o primeiro a
tocar a gaita o resto da súa vida o día da Santísima Trinidad e a véspera por
catro reais cada un . Se vos fixades
practicamente percibían o mesmo que cen anos antes na festa de Foz ou nas
Corridas de Ribadeo. Aquí partimos do compoñente da devoción dos gaiteiros pola
confaría pero en todo caso xa queda patente que o da remuneración escasa dos
gaiteiros xa ven de lonxe.
Ben, feito este reivindicativo inciso, e seguindo coa mesma
confraría, o 23 de xaneiro de 1.773,
morre o gaiteiro que tiñan nese momento,
Sebastián Tomás López, Tomás do Couto do Outeiro, que fora admitido no 1750 a cambio de tocar gratuitamente todos os anos o día da Santísima Trindade e a véspera. Este estaba casado con María Margarita Bouso, veciña do lugar “do
Salgueirón”, no barrio de “A Cuba” da parroquia de San Pedro de Argomoso. O día
do seu enterro tivo tres misas, unha cantada con vixilia, responsos e seis
votivas, o que fala da importancia da súa figura. O día 5 de xuño do ano 1.773
son admitidos na confraría Manuel López Bouso, fillo de Tomás e a súa dona
Margarita Paz, quedando Manuel obrigado a tocar a gaita, mentras viva, no día
da Santísima Trinidad e a véspera, exemplo do que falabamos de cargos que
pasaban de pais a fillos.
No 10 de Xunio do 1.838 é admitido na Cofradía o gaiteiro Ramón Otero, que cobrará anualmente a cantidade de 6 reais.
tiveron mesmo a nivel eclesiástico témolo tamén Mondoñedo, concretamente na
Igrexa dos Remedios onde no seu retablo se pode observar a figura tallada dun
gaiteiro axeonllado tocando a gaita para o Neno Xesús. Por Lence Santar sabemos
que esa imaxe foi reparada no 1745 polo que a bo seguro que se fixo con moita
anterioridade.
Outro exemplo de confraría "gaiteira" atopámolo na
Confraría da Virxe do Carme, en S.Martiño.
Onde hoxe compiten en decibelios, luminaria e parafernalia a Panorama e a París de Noia, xa dita
confraría facía festa, sen tanta sofisticación, cada 16 de xullo. Nesa data,
pero do ano 1726, ingresan dous nobres na confraría, son Xoán Antón e súa
irmá Margarida de la Barrera e tamén ingresa nesa data "don Antonio
Perez de Miranda, musico de gaita", (Arquivo Diocesano de Mondoñedo,
libro de Fábrica da capela do Carme nº1.)
Cinco anos antes, no 1721
e voltando a Ribadeo e ás celebracións pagás, temos que ese verán se celebraron
uns festexos con motivo do embarazo da Duquesa de Hixar e dun
"desembargo" do reino de Aragón. Entre outras actividades festivas
atopamos que unha das atraccións foi unha Máscara
coa súa gaita. Isto da máscara non deixaba de ser o que hoxe chamariamos unha comparsa de carnaval. Deste formato xa tiñamos unha refrencia anterior nas festas dos Remedios de Mondoñedo do ano 1.699 onde tamén houbo unha "mázcara", acompañada de gaiteiros, tambor e danzadores.
Volvendo ao tema pecuniario atopamos no exemplar nº 6 de La Defensa  de 06
de xullo de 1918 un artigo que falaba das festas de Viveiro no século XVIII
precisando que nas do ano 1724 o gaiteiro e o tamborileiro ademais do propio
salario acordaran tamén que os gastos da "mantenda" os asumise o
municipio de tal xeito que o salario en si, ou se descoñece ou o artigo o omite
pero os gastos desas "dietas " foron
de 19 reais e medio o gaiteiro e 19 reais e 8 maravedís o tamborileiro.
Onde si sabemos con exactitude os honorarios é no S.Lourenzo
de Foz dos anos 1807, 1808 e 1809. En
1771 atópase a primeira referencia a dita festa e no ano 1807 atópase a
seguinte anotación "el gaitero que
toco en la funcion de San Lorenzo lleva 20 reales" (ADM lib Fábrica
Foz, nº2 fol 165v). No 1808 cobrou exactamente o mesmo. No ano 1809, en cambio,
tan só cobra 6 reais, o que posiblemente
se deba a que se acababa de expulsar aos franceses, en xullo marchan de Galicia,
e non andarían as arcas moi abondosas.
Polo ano 1.809 en Mondoñedo, o mestre da Capela da Catedral José Eusebio Pacheco dirixe unha comparsa composta de gaita, tambor e outros instrumentos. Esta é a primeira referencia de estructura de grupo que poidemos atopar na comarca.
Nas festas que se celebran en Mondoñedo co gallo da aprobación da Constitución de 1.812 o Concello convoca a tódolos gaiteiros do contorno e tamén aos tambores e pínfanos de alarma para tocar polas noites nas fogueiras que terán lugar na Praza da Catedral, alternando coa Capela de Música que se colocará no balcón do Consistorio.
Seguindo en Mondoñedo, para celebrar a maioria de idade de Isabel II nos días 1 e 2 de Decembro do ano 1.843 dous gaiteiros acompañados por dous tambores de milicia percorren o pobo anunciando
a festa a partir das oito da mañá.
E contan as crónicas que  na Festa do San Ramón, na parroquia de Viloalle, no 1.869, estaba contratado o Gaiteiro de Zoñán, que compartía cartel coa Pachacha, cega tanxedora de violín. Namentres o gaiteiro acompañado polo bombo e redobrante toca as muiñeiras, os fandangos e os zapateados no lugar da festa, a cega tocaba ó pé do río onde se xuntaron os partidarios dos bailes agarradiños.
E por último, a derradeira referencia que atopamos do
pre-esplendor gaiteiril na comarca atopámola en Mondoñedo onde despois de
varios escarceos carlistas dende o 1874 finalmente no 1876 decretouse o fin da
guerra polo que se acorda facer celebracións durante dous días con "músicas, voladores, gaitas y
tamboriles"...
Finais de século XIX, tempos de axitación , de cambios, pero
tamén tempos de música, tempos nos que xa comezaban a agromar gaiteiros que
despois tiveron renome e foron referencia como Xugo, ou mellor dito Xuio de
Cangas, Coruxeiras, Lerín de Fanoi, Choumín,.... as primeiras formacións... etc
etc Un mundo marabilloso do que iremos falando polo miúdo.
A entrada de hoxe chega ata aquí. Unha entrada na que é todo
o que está pero non está todo o que é, mais que en todo caso coido que
sintetiza o contexto e que deixa ben ás claras que ao contrario do que a moitos
lles poidera parecer esta foi unha comarca que non quedou atrás neste eido e na que se reproduciron, como
acabamos de ver, os esquemas musicais, formas de contratación, influencia,
importancia social, institucionalización etc que viviron os gaiteiros do resto
do país. De aquí vimos... así que aos
que trascenderon no tempo os seus nomes, aos que non, sirvan estas liñas para
amosar o meu recoñecimento e homenaxe. Porque quen non honra o seu pasado, nin
vive o seu presente nin loita polo seu futuro.
Bibliografía
e Blogs consultados<o:p></o:p>
-Apuntes
sobre Ribadeo, de Fernando Méndez San Julián<o:p></o:p>
-Ribadeo Antiguo,
de Francisco Lanza<o:p></o:p>
- Miscelanea
Mindoniense de Andrés García Doural<o:p></o:p>
-A Música en Mondoñedo, de Andrés García Doural e Moncho García González
O meu
agradecemento tamén a Xoán Ramón Fernández Pacios por varios dos datos que aquí
se aportan. <o:p></o:p>
xoandiaz77@gmail.comhttp://www.blogger.com/profile/11821281012778879378noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2752548822015036659.post-82962059390346068352017-11-24T05:10:00.000-08:002018-03-16T03:26:07.445-07:00Preludio
PRELUDIO<o:p></o:p>
A historia
da música tradicional galega aínda está por escribir. É máis, nunca se
escribirá. De feito é imposible facelo por moitos motivos. Basicamente porque é
imposible compendiar todos os datos da, por fortuna, rica e abondosa historia
musical deste país . Pero é que ademais moitos deses datos fóronse perdendo polo camiño, ou no mellor dos casos, son datos
incompletos. Así, a modo de exemplo, adoitábase nomear aos gaiteiros polo seu
lugar de procedencia, ignorando o seu nome completo, converténdoos así moitas
veces en persoaxes anónimas ou mesmo en lendas que nalgún momento ata cuestionaban
a súa existencia. Así temos, por exemplo, o Gaiteiro de Penalta, o Ventosela ,
o de Soutelo… E se nos remitimos á nosa comarca pois o Coruxeiras, o Xugo de
Cangas ou Pego do Pereiro, por poñer só algún dos exemplos máis
significativos. Evidentemente en moitos casos, froito precisamente do traballo
posterior de posta en valor, fomos completando e coñecendo parte deses datos. <o:p></o:p>
O que sí
temos é abondosos relatos de cachiños desa rica historia. É habitual atopar
libros, traballos, discos etc relacionados con vellos gaiteiros, grupos
noutrora de referencia, coa música en determinadas zonas do País etc etc. <o:p></o:p>
Son eses
pequenos cachos de historia os que, pegados , poderían ir constituindo de por
sí, esa historia global nunca escrita e imposible de escribir.<o:p></o:p>
E nese
senso, a nosa comarca, A Mariña de Lugo, aínda habendo cousiñas, algunha por
certo de gran calidade sobre as que a bo seguro falaremos, é un pequeno lunar, unha pequena zona escura
en canto a ese tipo de traballos. <o:p></o:p>
Ese é, con
toda a modestia do mundo pero tamén con toda a boa vontade, o obxectivo deste
blog. Ir botando luz a pequenos retazos da historia musical da nosa comarca e
ir, xaquelogo, poñendo a bo recaudo
aqueles datos que podemos ir recopilando para salvalos do esquecemento e
contribuir así a deixar menos incompleta esa fascinante historia global.<o:p></o:p>
Bota logo
así a andar este blog deixando clara unha premisa fundamental: como esa
historia global, este pequeno retazo desta esquiniña do País tamén vai ser
incompleta, en ocasións pode que inexacta e a bo seguro que inxusta. Incompleta
e inexacta primeiro pola propia limitación do autor e porque as dificultades para atopar hoxe fíos dos que tirar son
moitas e as fontes que poidan quedar falan de vivencias de hai moitos anos. E inxusta
porque a bo seguro que quedarán moitas cousas no tinteiro que serían máis que
dignas e merecedoras de ser recollidas. <o:p></o:p>
E porqué
Bartolo das Aceas? Por qué ese nome?
Pois a seguinte entrada, que aínda está en fase de elaboración pero que procuraremos
sacar en breve e na que falaremos das primeiras referencias que atopamos na
comarca vos sacará de dúbidas. De feito,
el é a primeira referencia. Mais de momento quedádevos só con ese dato que xa
de por sí lle fai ser un nome clave na historia da música
tradicional na nosa comarca.<o:p></o:p>
Pídovos logo
xa de antemán comprensión ante a dificultade da empresa, pero tamén axuda. De tal xeito que calquer
aportación que consideredes nos artigos que se vaian publicando ou para futuros
é de total benvida. Pois é entre tod@s como mellor se levan a cabo os proxectos. <o:p></o:p>
Arrincamos!<o:p></o:p>
Foto anónima que apareceu na colección de La Voz de Galicia "A Mariña na Memoria"
xoandiaz77@gmail.comhttp://www.blogger.com/profile/11821281012778879378noreply@blogger.com4